martes 04 febreiro 2014

Daft Punk - Pentatonix

Que non todo sexa estudo... a veces é moi importante (ademáis de estudar) escoitar boa música da man duns bos intérpretes. Déixovos, a continuación, o novo vídeo dos amigos de Pentatonix. Disfruta moito e aprezade una boa interpretación.


Os instrumentos do Pórtico da Gloria - Catedral de Santiago de Compostela

O Mestre Mateo constuíu no século XII o impresionante Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago. Nel aparecen reflectidas diversas escenas do Antigo Testamento e do libro da Apocalipse.
O seu estudo cobra especial importancia nas clases de música, xa que rodeando o tímpano central atopamos aos 24 anciáns da Apocalipse portando diversos instrumentos medievais, que serviron para que especialistas en arte e música poideran obter información de cómo eran os instrumentos que se utilizaban na Compostela Medieval.

Para que vos poida resultar máis fácil o estudo déixovos os seguintes enlaces...

http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1335260647/contido/instrumentos_portico/instrumentos_portico.HTML

http://www.porticodelagloria.com/el-portico-de-la-gloria.HTML

https://www.youtube.com/watch?v=jh7K-28bSdc

Modelado deste lado



A continuación os alumnos de 5º podedes estudar con este vídeo a canción de frauta deste tema: Modelado de este lado


A frauta máxica - Das klinget so herlich

Outra entrada adicada aos rapaces e rapazas de 4º. Neste vídeo podemos escoitar un fragmento da ópera de Mozart "A frauta máxica", onde o fermoso son do "carillón" calmará os ánimos dos atacantes...

A divertirse!!!


Ma mère l'oie - Pavana da Bela Dormente do Bosque

Maurice Ravel foi un compositor francés, autor de obras tan signficativas como o seu famoso "Bolero". Foi quen de inspirarse en cinco contos clásicos do escritor, tamén francés, Charles Perrault, para compoñer a obra "Ma mère l'oie" (Miña nai a gansa).



O fragmento que estamos traballando en 4º é o que podedes escoitar a continuación "Pavana da Bela Dormente do Bosque". A disfrutar....


Música Moderna - The Beatles

Para os alumnos de 3º vai adicado este vídeo. Como sabedes estamos a traballar a Música Moderna e, tal e como comentamos nas clases, probablemente a banda de rock inglesa dos anos 60 The Beatles é o grupo máis representativo da música moderna.

Formado por catro membros: John Lennon (guitarra rítmica e vocalista), Paul McCartney (baixo e vocalista), George Harrison (guitarra solista e vocalista) e Ringo Star (batería e vocalista) acadaron grandes éxitos con cancións como a que vos enlazo "Yellow Submarine".


Os instrumentos tradicionais na tradición galega

Estes días estamos a traballar en 2º a música tradicional. En especial, estamos tratando os instrumentos musicais na tradición galega.
Para poder profundizar e adquirir moito máis coñecemento propóñovos visitar a web do Consello da Cultura Galega onde Pablo Carpintero Arias fai un fantástico percorrido polo marabilloso mundo da música galega.


http://www.consellodacultura.org/asg/instrumentos/indice-de-instrumentos/