Etiquetas

mércores, 25 de setembro de 2013

A orixe da palabra música...



A palabra música provén do grego e significa “a arte das musas”. Segundo a mitoloxía grega, as musas eran fillas de Zeus, deus do Olimpo e Mnemósine, deusa da memoria e eran as inspiradoras da música, das artes, das ciencias e da cultura. Eran nove, e cada unha delas destacaba nunha faceta:

Calíope era a musa da beleza e da poesía épica (hoxe en día a canción narrativa); Clío, musa da historia; Erato, musa da poesía lírico-amorosa; Euterpe, musa da música (especialmente da arte de tocar a frauta); Melpómene, musa da traxedia; Polimnia, musa dos cantos sagrados e dos himnos; Talía, musa da comedia; Terpsícore, musa da danza e da poesía coral e Urania, musa da astronomía e das ciencias exactas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario