Etiquetas

luns, 30 de setembro de 2013

Minueto de J. S. Bach para frauta doce

E nesta entrada, o Minueto de Bach para frauta que terán que aprender os alumnos de 6º. Paciencia e moito ánimo!!!

Melodía para soñar

Nesta entrada publico a primeira canción de frauta que teñen que preparar os compañeiros de 5º. Practicade ben... Este vídeo seguro que vos axudará.

Ánimo!!!

mércores, 25 de setembro de 2013

A orixe da palabra música...



A palabra música provén do grego e significa “a arte das musas”. Segundo a mitoloxía grega, as musas eran fillas de Zeus, deus do Olimpo e Mnemósine, deusa da memoria e eran as inspiradoras da música, das artes, das ciencias e da cultura. Eran nove, e cada unha delas destacaba nunha faceta:

Calíope era a musa da beleza e da poesía épica (hoxe en día a canción narrativa); Clío, musa da historia; Erato, musa da poesía lírico-amorosa; Euterpe, musa da música (especialmente da arte de tocar a frauta); Melpómene, musa da traxedia; Polimnia, musa dos cantos sagrados e dos himnos; Talía, musa da comedia; Terpsícore, musa da danza e da poesía coral e Urania, musa da astronomía e das ciencias exactas.

martes, 24 de setembro de 2013

Minueto en Sol Maior - J.S. Bach


Neste vídeo podemos escoitar o Minueto en Sol Maior de J.S. Bach (1685-1750). Esta canción é a primeira que os alumnos de 6º imos aprender este curso coa frauta. Ahora ben, non intentes acompañala xa que está noutra tonalidade...

Agardo que vos guste...

Canción do Sapo

Esta entrada está adicada para os alumnos de Infantil e de 1º ciclo de primaria, aínda que os de 2º e 3º ciclo tamén o pasan ben con esta canción. A divertirse coa canción do Sapo...

luns, 23 de setembro de 2013

Bruno Mars: Count on me

A petición de Clara de 5ºA publico a seguinte entrada. Esta fermosa canción do cantante Bruno Mars deixa unha preciosa mensaxe "Conta Comigo". A continuación, a letra traducida ao galego para que entendades toda a canción. Escoitádea e lede o texto...
Paga a pena!!!



Se algunha vez te atopas no medio do mar

Navegarei polo mundo para atoparte.

Se algunha vez te atopas perdido na escuridade e non podes ver

Vou a se-la luz que te guiará.

Saberemos do que estamos feitos

Cando sexamos chamados a axudar aos nosos amigos en necesidade.

Ti podes contar comigo como un, dous, tres

Vou a estar alí

E sei que cando o precise

Podo contar contigo como catro, tres, dous

E ti estarás alí.

Porque iso é o que se supón que fan os amigos.

Se estás dando voltas e estás xirando e simplemente non podes conciliar o sono

Vou a cantar unha canción ao teu lado.

E se algunha vez esqueces o moito que significas para min,

Tódolos días cho recordarei.
Saberemos do que estamos feitos

Cando sexamos chamados a axudar aos nosos amigos en necesidade.

Ti podes contar comigo como un, dous, tres

Vou a estar alí

E sei que cando o precise

Podo contar contigo como catro, tres, dous

E ti estarás alí.

domingo, 22 de setembro de 2013

Aprendo música coas TICs

Nesta entrada déixovos o enlace a unha interesante páxina Aprendo Música coas TICs. Nela podedes atopar, en forma de xogo, moitas e divertidas actividades que vos permitirán aprender música dun xeito máis ameno.

A xogar!!!!

http://www.aprendomusica.com/

Coro do Colexio

O martes día 1 de outubro de 15:00 a 15:50 horas, comezamos a actividade coral no Colexio. Esta actividade vai dirixida aos alumnos de 2º e 3º ciclo de primaria, secundaria e bacharelato. Ademais tamén poden participar pais, nais e mestres.

Todos os que esteades interesados tedes que entregar en portería o pé de páxina da circular que repartimos, antes do 27 de setembro.

Anímadevos a participar!!!


Vou de roda en roda...

"Vou de roda en roda" é unha danza interpretada por Leilía, un dos grupos máis importantes da música galega. Está incluída no Libro-CD Pelo gato 24, proxecto impulsado pola Asociación de Gaiteiros Galegos onde se recollen unha serie de cantigas e xogos galegos que chegaron ata os nosos días a través da tradición oral.

Posicións Frauta Doce

No seguinte debuxo podedes ver as posicións das notas para frauta doce. Se tedes algunha dúbida, recorrede sempre a esta entrada.

Contos en Cantos: Corre, corre cabaciña

Momento para a música galega. No seguinte vídeo podemos escoitar a canción "Corre, corre cabaciña" un dos temas do marabilloso libro "Contos en Cantos" de Almudena Janeiro.

A evolución da música... segundo Pentatonix

Este fantástico grupo de música vocal chamado Pentatonix fai este precioso recorrido pola música máis significativa do século XX... engandindo algún fragmento da música antiga e dos éxitos destes últimos anos. Como sei que vos gusta moito, aí vos vai.

One Direction nunha versión moi interesante...

Esta interesante versión da popular canción "What makes you beautiful" do grupo One Direction inaugura este blog. Todos vimos este vídeo nas clases e resulta moi interesane ver o que estes grandes músicos son capaces de sacar dun só instrumento. Disfrutádeo

Benvida ao noso blog...

Benvidos e benvidas ao noso blog...

"Música no Carballo" é o blog de música do Colexio "Hijas de Cristo Rey" do Carballo. É un recuncho onde colgaremos cousas interesantes que nos axuden a ampliar os nosos coñecementos de música. Anímovos a participar e deixar os vosos comentarios así como a contar as vosas ideas e suxerencias, pois este blog é para todos vós.

Agardo que o disfrutemos...